COMUNICADO DE CELTARRAS
Ante a violenta actuación policial, tan desproporcionada como inxustificada, iniciada ó remate da xornada de folga deste pasado mércores 3 de xuño -e continuada o 4 de xuño- contra os operarios do sector do Metal da comarca de Vigo que levan semanas manifestándose na procura dun convenio colectivo xusto, Celtarras quere amosar e manifestar, como sempre o fixo, todo o seu apoio e solidariedade con todos eles, en especial cos que tiveron que recibir asistencia médica; tamén aplaudimos a resposta que a cidade de Vigo lle deu ós corpos represivos, nunha lección de autodefensa e resistencia, e demostrándolles que por moitas compañías coas que nos invadan e agredan, non van poder coa nosa xente.
Lonxe de rendirse ante os brutais ataques sufridos, os operarios tentaron continuar exercendo o seu lexítico dereito á folga e a manifestarse polas nosas rúas, dereito que tentaron secuestrarlles, mentres que dende os medios desinformativos fan a súa laboura encargándose de convertir ás víctimas en agresores.
Denunciamos que se quera convertir un conflicto laboral en conflicto policial, e ó mesmo tempo, animamos a tódolos membros do noso colectivo a seguir apoiando esta loita como ata agora se fixo, e ata que non se produza unha solución da mesma, empregando TÓDOLOS medios que sexan precisos para defender a dignidade e os dereitos da clase traballadora.
Nen un paso atrás, nen para coller impulso
Celtarras, siareiros RCC
Sem comentários:
Enviar um comentário