segunda-feira, 21 de dezembro de 2015

Não à repressão em Pasarón.



"No día de onte, numerosos seguidores do Pontevedra, foron reprimidos no campo de Pasarón nunha penosa actuación coordinada entre a policía española e o Pontevedra C.F.

Coa escusa da labazada a Mariano Rajoy a pasada cuarta-feira, a mocidade do Pontevedra C.F. non só tivo que sufrir cacheos e ameazas senón que lles foron requisadas estreleiras na porta de entrada. Resaltar que durante os 90 minutos, este grupo de mozos e mozas tivo enriba seguridade privada e policía nacional, tratados coma delincuentes.

O secuestro de bandeiras galegas é unha constante nas equipas galegas, habitualmente executado contra seareiras que non se dobregan ás directivas. Queremos denunciar a actitude represiva do clube e das forzas policiais contra persoas cuxo único delito é ser galega e do Pontevedra C.F. Animamos a toda a mocidade rebelde e insubmisa a non ceder perante as presións de quen nos quer ver fóra das rúas e dos campos.

Mocidade Granate – Isca!"

Sem comentários:

Enviar um comentário