quarta-feira, 15 de junho de 2011
II FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA (Cangas, Galiza)
SÁBADO, DÍA 25 DE XUÑO NO C.S. “A TIRADOURA”
O sábado 25 de xuño, vai ter lugar a segunda edición do Festival da Cultura Proletaria, organizado pola CUT. Será a partir das doce da mañá no eido do C.S. A Tiradoura en Cangas, que ten capacidade para mil cincocentos asistentes.
A comisión organizadora da CUT deste II Festival da Cultura Proletaria, ten como obxectivo superar o éxito obtido na edición anterior celebrada no Adro de San Amaro en Aldán.
O Festival comezará ás 12:00 horas coa actuación do grupo de música tradicional Chacarrandaina. Actuando como condutor presentador do festival Luís “O Caruncho”.
A partir das dúas da tarde e ate as dezaseis horas, haberá un xantar romaría a base de cociña mariñeira a prezos populares.
Pola tarde, despois do xantar, haberá xogos para nenos e maiores, e a partir das dezaoito horas comezará o recital de poesía a cargo de: Xiana Arias, Chus Pato, Xabier Cordal e Méndez Ferrín.
No eido da música actuarán por esta orde a partir das dezanove horas; a banda de Jazz de Cangas, Balea´s Blues Quintet e a continuación subirá ó escenario o grupo galego Das Kapital.
Para pechar o II Festival da Cultura Proletaria estarán a partir das vintedúas horas, a banda asturiana La Tarrancha e o grupo Skarnio que reaparece ó público despois de dous anos, sen actuar nos escenarios..
http://cutgalicia.org/index.php?option=com_content&view=article&id=255:ii-festival-da-cultura-proletaria&catid=1:prensa&Itemid=18
http://cutgalicia.org/
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário